Ana G. Abelleira participou na presentación dos actos do Día Internacional do Pobo Xitano

Lunes, 08 de abril de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e Irene Jiménez, da Fundación do Secretariado Xitano de Lugo presentaron esta mañá o programa de actos previstos para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano.

Para conmemorar esta día, o 15 de abril, vaise inaugurar ás 20:00 horas unha exposición didáctica baixo o nome de Culturas para compartir.Gitanos hoy no Museo Pronvincial de Lugo e no que se recolle a historia do pobo xitano e que poderá ser visitada ata o 9 e maio.

No mes de maio, dende o día 1 e ata o 15 de maio tamén haberá unha exposición na Facultade de Formación do Profesorado sobre a historia do pobo xitano de Lugo baixo o título O pobo xitano en Lugo.

Para rematar os actos de conmemoración, os días 7, 8 e 9 de maio levaranse a cabo unhas xornadas sobre Realidade educativa na comunidade xitana: formación para profesionais do ámbito escolar entre as 16:00 e as 21:00 na Facultade de Formación do Profesorado.

Ana González Abelleira destacou que “o Concello de Lugo sempre apoiou as políticas de axuda aos máis desfavorecidos xa que axudan a crear un clima de cohesion que favorece a xustiza social e que todos chegemos a ser iguais.” Gonzalez Abelleira lembrou que “aínda queda moito por facer por iso debemos ter presente que non é só un día de conmemoración senón tamén de reflexión xa que neste momento económico os xitanos son un dos grupos máis perxudicados.”

Pola súa parte, Irene Jimenez explicou que este acto se celebra todos os 8 de abril para conmemorar e lembrar os xitanos e xitanas que padeceron o holocausto nazi e “aproveitar o día para reivindicar o dereito do pequeno e gran esforzo que os xitanos facemos día a día”.

Multimedia