O Concello de Lugo concede as axudas por valor de 90.000 euros para proxectos de cooperación e desenvolvemento social en paises como Filipinas ou Nicaragua

Martes, 03 de diciembre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, esta mañá a resolución da convocatoria para a subvencións para a realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social do ano 2013.

González Abelleira explicou que “este ano houbo un aumento de organizacións que solicitaron estas subvencións para cooperación porque somos un dos poucos Concellos que mantemos o noso compromiso en cumprir co 0,7% pobreza cero”. Na edición do ano 2012 foron cinco organizacións as que se presentaron para a liña de axudas de cooperación e desenvolvemento e tres para proxectos de sensibilización. O gasto de 90.000 €, dos cales 70.500 € irán destinados a subvencionar proxectos de cooperación ao desenvolvemento, e 19.500 € irán destinados a financiar proxectos de sensibilización social.

En total foron 9 as ONGD´s que presentaron proxectos de cooperación ao desenvolvemento e que percibirán entre 4.000 e 24.300 euros para desenvolver en diferentes países como Honduras, Nicaragua, Túnez, Guinea-Bissau, Mozambique, Togo e Filipinas. As organizacións que presentaron proxectos de cooperación foron Acoes A Coruña, Amigos da Terra-Xuventude, Asamblea de Cooperación, Axunica, Enxeñería Sen Fronteiras, Fundación Madreselva, Manos Unidas, Miradas al Mundo e Taller de Solidaridade. Esta liña de axudas está orientada para na loita contra a pobreza, a defensa da sustentabilidade ambiental, ou o respeto polos dereitos humanos.

A segunda liña de axudas dirixidas para a creación de proxectos de sensibilización social en Lugo as organizacións presentadas percibirán ata un máximo de 3.000 euros para os seis proxectos das asociacións de A Cova da Terra, Ecos do Sur, Viraventos, Jóvenes y Desarrollo e Implicado/as no desenvolvemento.

O Concello de Lugo leva anos e ten a intención de continuar como actor do sistema de cooperación ao desenvolvemento comprometendo unha porcentaxe do seu orzamento para subvencionar actuacións en países en vías de desenvolvemento co propósito de promover o progreso económico e social dos países do Sur de modo que a súa relación cos do Norte sexa máis equilibrada e sostible. A situación actual de crise pode abrir outra vía económica con principios solidarios, cooperativos e comprometidos con medio ambiente distintos dos da economía capitalista baseada na destrucción de recursos naturais.

Multimedia