Na XV Edición do certame de narración curta Ánxel Fole participan preto de 70 traballos e máis de 50 autores

Lunes, 21 de enero de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua deu a coñecer o número de participantes na XV edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole e que este ano conta con 64 relatos en galego e 58 autores diferentes.

Este é un dos certames literarios máis consolidados de Galicia e aberto a todos os participantes que podían participar ata cun máximo de dous relatos cada un que non superasen os 36.000 caracteres. O xurado estará formado por persoas competentes na materia, designadas pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Os premios establecidos son un primeiro premio de 1.500 euros, un segundo de 1.000 e un terceiro de 500 euros.

Máis información no apartado de Certames e Concursos do Concello de Lugo.