Parte da cidade de Lugo será recreada no simulacro sísmico que se realizará o día 30 de marzo en Buñol pola Unidade Militar de Emerxencias

Martes, 11 de marzo de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Parte do Plan de Emerxencias do Concello de Lugo foi seleccionado pola Unidade Militar de Emerxencias para empregalo nun execizo de emerxencia a nivel nacional que se vai a celebrar en Buñol (Valencia) o 30 de marzo.

Desta maneira, preto de 3.000 persoas participarán no simulacro sísmico en tempo real máis importante realizado en España e que recreará parte da cidade de Lugo como escenario para o exercizo Luñol 2014. Esta maniobra está diseñada para verificar a capacidade de resposta ante situacións límite que afectan á seguridade, como pode ser o terremoto de gran magnitude que se vai simular en Luñol.

No mes de setembro do 2013, un grupo da Unidade Militar de Emerxencias mantivera unha reunión con técnicos municipais para requerir información sobre as diferentes redes de auga, electricidade, gas e outras e sobre a poboación e distribución dos barrios e distritos da cidade.

Esta información será a que empreguen para realizar o exercizo a nivel nacional en Valencia sobre unha emerxencia derivada dunha catástrofe natural. Así, o exercizo que físicamente se desenvolverá en Valencia terá como plano técnico de redes e de distribución o da cidade de Lugo.