Esta mañá presentouse a XII + I edición do Circuito Larsa Corre con Nós con algunhas novidades

Viernes, 09 de noviembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

As matrículas poderán facerse dende o 9 ata o 22 de novembro tanto en internet como na propia Concellería de Deportes

O Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe a XII+I edición do Circuito Larsa Corre con Nós, que inaugurará a temporada atlética lucense. No acto de presentación, o Concelleiro de Deportes estivo acompañado por diversos representantes das empresas patrocinadoras do evento, como Carlos Carballo de Divina Pastora Seguros, Pilar Santos, Xerente do Centro Cormercial As Termas, Jesus Méndez, representante de Caixa Rural Galega, Luis Lamas, Presidente de SOGAMA, Raúl Centelles, delegado comercial de Begano Galicia e Manolo Castiñeira.

Díaz Grandío salientou que “con este circuito o que se pretende é establecer hábitos saudables entre a nosa poboación, mantelos entre os que o teñen e facilitar que as persoas que non teñen como norma básica facer deporte se vaian involucrando a través destas actividades.”

Según anunciou o Concelleiro de Deportes, haberá un total de oito probas, que se disputarán ao longo do ano, intentanto superar as 10.000 participacións que tivo o Circuito Larsa Corre con Nós ao longo do ano pasado. José Manuel Díaz Grandío destacou “o progresivo incremento de participantes que cada ano ten o circuito, que xa é sen dúbida, un referente do atletismo popular galego”. Neste sentido manifestou que este ano se realizan algunhas modificacións nos circuitos “que os farán máis atractivos” de feito, o 19 de xaneiro terá lugar por primeira vez a Carreira Nocturna Monumental co circuito da Monumental pero en horario nocturno. Outra das novidades é que se realizará un dos circuitos no polígono industrial de As Gándaras, na zona do Decathlon.

O circuito distribuirase en oito carreiras puntuables para adultos e oito para os máis cativos.

As citas serán as seguintes:

Domingo 25 de Novembro - Pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera
Domingo 15 de Decembro – Polígono empresarial As Gándaras (entorno ao Decathlon)
Sábado 19 de Xaneiro de 2013 - Nocturna de Reis Monumental (Praza Maior)
Sábado 17 de Febreiro - Avenida Infanta Elena e Parque Paradai
Domingo 10 de Marzo - Barrio de San Fiz
Domingo 14 de Abril - Centro comercial As Termas Circuíto asfalto-terra
Domingo 11 de Maio - Parque Recinto Feiral
Domingo 10 de Xuño- (Final Adultos) - Parque de Frigsa
Domingo 2 de Xuño - (Final Menores) - Pistas Atletismo Cidade Cultural

As categorías menores que discorren entre os nados entre 1996 e 2007, competirán nas categorías Mini, A, B, C e D, con distancias comprendidas entre os 500 metros e os 3 kilómetros. Para as categorías adultas, cuxas idades están entre os nados en 1996 e anteriores, as distancias variarán entre os 4,5 kilómetros e os 6,5 kilómetros, dependendo do circuito.

As inscripcións comezan hoxe venres día 9 de novembro a través de Internet; na web do Corre con Nós para os menores e na web de Championchipnorte para os adultos. As inscripcións presenciais poderán facerse na Concellería de Deportes, situada na Piscina Municipal de Frigsa. As inscripcións poderán realizarse ata o vindeiro día 22 de novembro.

Máis información:
www.lugo.es > casadoconcello > concellerías > deportes
www.championchipnorte.com 

Multimedia