Comezan as obras de asfaltado da estrada de Orbazai, entre a Igrexa de San Lázaro e a ponte do Mera

Jueves, 18 de julio de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Infraestruturas, Zona Rural e Medio Ambiente, que dirixe Manuel Chaín, informa que dende hoxe comezan as obras de asfaltado da estrada de Orbazai, no treito comprendido entre a Igrexa de San Lázaro e a ponte do río Mera. 

Os traballos empezarán con labores de preparación do vial (limpeza de cunetas, sumidoiros, etc).
Posteriormente, cando comecen os traballos de aglomerado será preciso cortar a estrada á circulación de vehículos, algo que, segundo informa a Policía Local, farase por treitos. 
A empresa adxudicataria informará ós residentes do devandito corte con dous días de antelación.
Os traballos terán unha duración aproximada dun mes e serán executados pola empresa Asogal Construcciones.