No Día Internacional das Persoas con Discapacidade as asociacións solicitan ás administracións que non fagan máis recortes

Lunes, 03 de diciembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, asistiron hoxe á lectura do manifesto co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidades, que se levou a cabo na Praza Maior ás 12.00 horas. Este ano o lema do manifesto foi Dereitos de Inclusión e Benestar a salvo. A discapacidade mobilizada, e que leu en nome de todas as asociacións un representante de Alucem. No acto tamén se lle entregou un detalle a Hipólito Xeada Pena, gañador do concurso realizado polas asociacións para escoller o cartel de Diversiarte 2012 .

Ana González Abelleira quixo destacar o compromiso de todos para loitar e traballar e sinalou que días como hoxe “debemos aproveitar para reivindicar todos os dereitos que temos e queremos instar aos gobernos da Xunta e do Estado, que están facendo recortes abusivos sobre as persoas máis vulnerables, a que deixen de recortar e poñan en marcha políticas de crecemento para que todos poidamos ter unha vida digna”.

Tamén sinalou que “o Concello vai seguir participando con estas asociacións porque teñen que seguir formando parte da sociedade e vamos seguir mantendo a colaboración que se merecen e que outras administracións non lles está a dar.”

Entre outras cousas o manifesto lembra que “o sector social da discapacidade está sufrindo un claro retroceso nas conquistas sociais e de dereitos obtidas ao longo destes anos” polo que se acentúan aínda máis “as familias que se sitúan a un nivel próximo de pobreza”. Ademais de facer unha mención a actual situación insistindo en que “a crise económica e social non pode servir como pretexto para reducir os dereitos sociais ou a intensidade dos apoios e recursos que deben recibir as mulleres e homes con discapacidade para asegurarse un proceso de inclusión na comunidade e un nivel de vida digno”.

Os actos de conmemoración deste día remataron cunha mesa redonda que se celebrou no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra e que versaban sobre a arte e a discapacidade. Nela diferentes persoas con discapacidade explicaron as súas traxectorias artísticas e como influíron nos seus traballos.

Diversiarte 2012

O luns 12 de decembro abrirá o mercadiño Diversiarte no que participan 22 asociacións de Lugo e que estarán repartidas en 14 stand no fondo da Praza Maior. Nesta edición haberá postos informativos e de venda de produtos no que participan as seguintes asociacións ONCE, Fademga, Alucem, Aspnais, Auxilia Lugo, San Vicente de Paul, Cogami, Asociación de Diabéticos Lucenses, Down, AGAL, Raiolas, Alufi, Anade, Alcer, Parkinson Lugo, Alume, Aluson, Adace Lugo, AFALU, AGAFI, Asorlu e Feafes

Multimedia