O Concello rexeita un recurso contra a penalización polo retraso na obra de rehabilitación da Ponte romana

Miércoles, 22 de enero de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Goberno local tamén autorizou a varias asociacións a usar os locais da Casa Clara Campo Amor

O Goberno local desestimou hoxe un recurso presentado pola empresa adxudicataria da rehabilitación da Ponte romana que foi penalizada polo Concello debido ó retraso na execución da obra.

Este foi un dos acordos adoptados na reunión que celebrou este mércores a Xunta de Goberno Local, segundo informou o Voceiro do Equipo de Goberno e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, na rolda de prensa na que deu conta das decisións tomadas polo executivo local.

Álvarez explicou que a Xunta de Goberno acordou desestimar o recurso de reposición interposto pola contratista da obra contra a decisión do Concello de aplicarlle unha deducción por importe de 8.394 euros correspondente á penalidade polo retraso na execución dos traballos, que lle foi imposta sobre a certificación do mes de abril.

O Goberno local tamén aprobou hoxe unha proposta da Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, pola que se autoriza o uso de locais situados na Casa Clara Campoamor a favor de asociacións de interese social. As asociacións ás que se lles cede o uso dos locais son as seguintes: Alcer, Alucem, Afalu, Agal, Auxilia, Fademga, Parkinson e Raiolas e tamén se cede o uso de instalacións comúns (a biblioteca e o ximnasio) a todas elas e a Agafi, que no precisa de local. O uso en precario destes locais será por un período dun ano prorrogale ata un máximo de tres anos máis.

Outro acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión deste mércores foi a prórroga polo prazo dun ano dos contratos coas empresas adxudicatarias do acordo marco para a subministración de diversos consumibles de papelería e material de oficina.

Multimedia