O Alcalde participa nunha actividade de alumnos do colexio Illa Verde con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

Martes, 05 de junio de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello desenvolve un programa medioambiental no que participan alumnos de nove centros escolares de Lugo que este ano aprenderon os efectos do cambio climático

O Alcalde, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Infraestruturas e Axenda 21, Paz Abraira, e de Educación, Formación e Emprego, Esther Muñoz, participou hoxe nunha actividade que levaron a cabo alumnos do Ceip Illa Verde con motivo da celebración nesta xornada do Día Mundial do Medio Ambiente.

A actividade consistiu na exposición do traballo realizado durante este curso por corenta alumnos de sexto de Primaria deste centro escolar grazas a un programa de formación medioambiental que desenrola o Concello. Ó acto tamén asistiu a directora do Illa Verde, Isabel Pin.

O acto foi o colofón dun programa de educación medioambiental que desenvolve por cuarto ano o Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente. No programa participan este curso nove centros escolares de Lugo. Concretamente, trátase dos Ceip Illa Verde, Virxe da Soidade, Rosalía de Castro, Manuel Mallo Mallo, Luis Pimentel, Quiroga Ballesteros, Albeiros, A Ponte e Casás.

Durante todo o curso escolar os rapaces realizaron distintos traballos que, neste ano, centráronse no tema do cambio climático e no uso responsable da enerxía. As sesións remataron hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, coa exposición dos traballos traballos que fixeron neste tempo sobre as consecuencias do quecemento global.

Os alumnos do Illa Verde demostraron na práctica, con distintos experimentos, os efectos que ten o efecto invernadoiro, tamén deseñaron un simulador do cambio climático e un programa de cálculo das emisións atmosféricas segundo o consumo enerxético mensual que se fai nunha vivenda, analizaron a pegada ecolóxica dunha persoa segundo os seus hábitos de vida e fixeron unha auditoría enerxética do seu centro escolar para o que tiveron o estado do alumeado, a calefacción, o illamento das fiestras e o uso de aparellos electrónicos.

Como conclusión destes meses de traballo, os escolares sinalaron que “a solución está en nós”.

Logo de asistir á exposición dos traballos, o Alcalde recoñeceu que os alumnos participantes na iniciativa deron “unha lección magnífica do que cada un de nós pode facer para preservar o medio ambiente” e tamén sinalou que esta aprendizaxe por parte dos nenos “é unha mostra do resultado que dá un ensino de calidade”. López Orozco tamén salientou a importancia de que os profesores se involucraran nesta iniciativa que promove o Concello para formar cidadáns respectuosos co medio ambiente.

Multimedia