Mañá permanecerán pechadas as dependencias administrativas do Concello por mor da festa de Santa Rita

Lunes, 21 de mayo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

As dependencias administrativas do Concello de Lugo estarán pechadas ó público mañá, día 22 de maio, debido á celebración da festa de Santa Rita, patroa dos funcionarios da administración local.

Varios membros da Corporación Municipal participarán na cea de confraternización dos traballadores municipais que terá lugar a partir das 21.00 horas no restaurante A Palloza.

Ademais, estes días o persoal do Concello participa en diversas actividades deportivas e de ocio. A semana pasada celebrouse un campionato de tute, un torneo de xadrez e unha competición de pesca. Hoxe haberá unha competición de parchís, ás 17.00 horas, na terceira planta do Uxío Novoneyra, e no polideportivo de Frigsa disputarase, ás 18.30 horas, un partido de fútbol sala entre membros da Corporación Municipal e Funcionarios.