Basadre presentou o programa de actividades do Día Internacional das Mulleres

Lunes, 05 de marzo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres e que se celebrarán ao longo de todo o mes de marzo e abril.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade lembrou que “é un día e un mes para reivindicar todo o que temos conseguido e loitar por manter todas as conquistas adquiridas” ademais de que “debemos seguir impulsando actuacións que axuden a protección eficaz contra a violencia de xénero, o dereito a decidir, a igualdade no emprego, a igualdade salarial e ao dereito á conciliación, en definitiva, temos que reforzar e non recortar”.

Así, e segundo sinalou Basadre, o programa de actividades, que dará comezo o xoves día 8 coa entrega dos premios “Entre Mulleres”, “Entre Iguais” e “Toda unha vida”ás 12.00 horas no Salón de Plenos do Concello ademais, “pretende ser un recoñecemento ás mulleres sindicalistas que loitaron polas dereitos laborais, pola democracia e polos de todas as traballadoras”.

O programa de actividades dará comezo o xoves coa entrega de premios e ás 20:00 horas celebrarase o IX Marcha pola Igualdade na que participan diferentes clubes deportivos da cidade. O venres terá lugar, no Centro Maruja Mallo, un contacontos a partir das 16:30 horas para os nenos e nenas do programa Aprende Xogando. Xa o sábado, día 17 de marzo, inaugurarase a Feira de Artesanía ARTEMUR, que conta coa colaboración e participación da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais e a Deputación de Lugo.

O programa conta con diversas conferencias e táboas redondas que se desenvolverán dende o mércores día 14 de marzo ata o 19 de abril en distintas ubicacións da cidade. Ademais, durante o mes de marzo levarase a cabo nas ociotecas municipais do programa “Aprende xogando”, un programa de fomento da igualdade. O programa tamén desenvolverá un obradoiro de Defensa Persoal.

Programa Día Internacional da Muller

Xoves, día 8 de marzo

12 horas: no salón de plenos do Concello (praza Maior), entrega dos premios “Entre Mulleres” a catro mulleres da nosa cidade, e dos premios do Certame de Narrativa Xuvenil “Entre Iguais” e do Certame de Narrativa para Mulleres “Toda unha Vida” .

20 horas: IX Marcha pola Igualdade, e posteriormente concentración na praza Maior, diante do Concello, con candeas e solta de globos. Colaboran nesta iniciativa: Club Baloncesto Cidade de Lugo, Club Emeve, Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, Club Polideportivo Casás, Club Porta XI Baloncesto, Club Feminino de Hóckey Meigas, Club Natación Porta Miñá, Club San Fernando Lucus Caixa Rural e o ximnasio Vitalia.

Venres, día 9 de marzo

Contacontos: “O país dos mandóns”, a cargo da empresa “Rodríguez López y Otros, S.C.”, a partir das 16:30 horas, no salón de actos do Centro de Convivencia “Maruja Mallo”, coa participación das nenas e dos nenos que asisten ao Programa “Aprende xogando”. A continuación, procederase á lectura da colección de libros infantís “A igualdade conta”.

Mércores, día 14 de marzo

Conferencia: “Respecto, autoestima e sexualidade: papá, mamá, cóntamo ti”, impartida por D.ª Cristina Raya Cando, licenciada en Psicoloxía, e D.ª Mirian López Vázquez, DUE, no salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”, ás 19:30 horas

Sábado, día 17 de marzo

10:30 horas: apertura da Feira de Artesanía “ARTEMUR” na carpa sita na praza Anxo Fernández Gómez (detrás do Concello).

11 horas: inauguración oficial de “ARTEMUR”.

Domingo, día 18 de marzo

* 10:30 horas: continuación da Feira de Artesanía “ARTEMUR”.

Xoves, día 22 de marzo

Conferencia: “Os espazos da violencia: a súa incidencia na adolescencia”, impartida por D.ª Eva Latorre Porto, axente de igualdade, no salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”, ás 19:30 horas

Mércores, día 28 de marzo

Conferencia: “Réxime laboral das persoas empregadas do fogar”, impartida por don Antonio Nieto Velado, licenciado en Dereito. Salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”, ás 19:30 horas.

Xoves, día 29 de marzo

Conferencia: “A crise da igualdade ou a igualdade en crise”, impartida por D.ª Laura Seara Sobrado, deputada, ex-directora xeral do Instituto de la Mujer. Salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”, ás 19:30 horas.

Venres, día 30 de marzo

Táboa Redonda: “A reforma laboral e as súas consecuencias nas mulleres”, na que participan representantes da Asociación de Empresarias e dos sindicatos,. Salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”, ás 20:30 horas.

Xoves, día 12 de abril

Táboa redonda: “Situación laboral da muller no rural”. Participarán: unha cooperante da ONG “Taller de solidariedade”, unha representante de FADEMUR e unha representante dos Centros de Dinamización Rural do Concello de Lugo. Centro de Dinamización Rural de Coeses (Escola Rural), ás 18:00 horas

Obradoiros de Defensa Persoal

Durante o mes de marzo, nas ociotecas municipais do programa “APRENDE XOGANDO”, levarase a cabo un programa de fomento da igualdade. Durante todo o mes de marzo, levaranse a cabo diversas actividades nos centros de dinamización rural do noso municipio.

OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL: Dende o día 14 de abril ata o día 16 de xuño, todos os sábados, entre as 10.00 e as 13.00 horas, nas instalacións da Asociación Deportiva Kickboxing Argos-Astur sitas na rúa Yáñez Rebolo nº 99. Inscrición previa no 010. Ademais haberá un servizo de atención para os nenos e nenas entre 3 e 12 anos , durante as conferencias e o obradoiro de autodefensa persoal.

Nos meses de febreiro, marzo, abril e maio, estase levando a cabo, en diferentes centros educativos da nosa cidade, o Programa de Prevención da Violencia de Xénero. (38 obradoiros co alumnado de primaria e secundaria).

Multimedia