Luis Álvarez considera surrealista e incoherente que o Partido Popular non apoie darlle uso ós baixos da Tinería ó tempo que reclama a paternidade deste proxecto

Jueves, 01 de marzo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Álvarez aclara que o Concello pagará o presupostado polo Edificio da Policía Local e de Protección Civil, que aínda non está recibido, e que actúa conforme á lei na reclamación que lle fan provedores á empresa adxudicataria

O Concelleiro de Urbanismo e Voceiro Socialista, Luis Álvarez, destacou hoxe a incoherencia do Partido Popular que nin sequera apoia o que reclama como proxecto seu. Na rolda de prensa posterior á reunión da Xunta de Goberno Local, Álvarez chamou a atención sobre o feito de que o PP recoñece que a Xunta leva 12 anos de atraso no proxecto de darlles uso ós baixos rehabilitados na Tinería e demostra a súa incongruencia ó reclamar a autoría do proxecto ó mesmo tempo que di que non vai apoiar a iniciativa para poñelos a disposición dos artesáns ou de emprendedores con axudas do Plan Urban.

Luis Álvarez o feito de que “o Partido Popular non apoia nin os seus propios proxectos evidencia, unha vez máis, a incoherencia na que está instalado” e considerou que “nos atopamos ante un grupo municipal que podería facer o guión de calquera película surrealista, xa que resulta difícil imaxinar máis carambolas nunha mesma xogada”,

Edificio da Policía Local

O Voceiro Socialista tamén informou de que a obra da nova sede da Policía Local e de Protección Civil vai custar o que foi presupostado, 3,1 millóns de euros ós que se suma unha mellora, sen custe algún para o Concello, que ofertou a empresa adxudicataria e que ten un importe de 1,2 millóns de euros.

Luis Álvarez explicou que a obra non foi recibida, de momento, porque na última visita, efectuada polos técnicos municipais o día 20 de febreiro, comprobouse que están pendentes de executar algunhas partidas. Neste momento, explicou o Concelleiro de Urbanismo, o Concello ten pendente de aboarlle á empresa adxudicataria 260.000 euros.

“Ese é o único pago pendente á empresa”, asegurou Álvarez, e explicou que “é certo que houbo discrepancias técnicas, pero resolvéronse debidamente, nun contrato modificado, que asinou a adxudicataria a finais do ano pasado e que non supón ningún custe engadido para o Concello”. “Naturalmente, a empresa está no seu dereito de reclamar as cantidades que queira”, sinalou, pero matizou que “se agora vén facer esa reclamación, é contraditorio co acordado e, polo tanto, se hai tal reclamación non será atendida”.

Luis Álvarez explicou, ademais, que as débedas que poida ter contraídas a adxudicataria cos seus provedores son responsabilidade da empresa, que é quen ten que facerlle fronte ós compromisos que asumiu cos provedores cos que puido ter chegado a acordos. O Voceiro socialista deixou claro que “o Concello non interveu neses acordos e non ten responsabilidade ningunha”. Aínda así, dixo Luis Álvarez, “como somos sensibles ós problemas que poidan ter empresas de Lugo, por iso, dámoslles todo tipo de facilidades, como acceder ó expediente ou visitar a obra, para axudarlles a que poidan recabar as probas que necesiten do seu traballo e que lles poidan servir nunha eventual reclamación xudicial, xa que, legalmente, desde a Administración  non se pode facer nada máis”. 
 
www.lugo.es/urban