Ana González Abelleira participa na recepción do Km0 aos membros da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

Martes, 20 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, participou na recepción na Deputación de Lugo, a un grupo da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal (Lugo) que participaron na primeira das rutas coas que a programación de Km0 pecha o ano.  

Este grupo escolleu a ruta de San Facundo, coa que poderán coñecer os Concellos de Láncara, Páramo e Paradela. En plena Reserva de Terras do Miño, achegáranse a visitar a Casa Grande de Láncara e a ponte medieval de Carracedo. Tras repoñer forzas, viaxarán cara Vilarmosteiro, capitalidade do Páramo para finalizar a xornada visitando o conxunto arquitéctonico medieval de San Facundo de Ribas do Miño, xa no Concello de Paradela.

Multimedia