A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, recibiu o recoñecemento do Colexio Oficial de Axentes Comerciais de Lugo, que premiou a súa xestión concedéndolle a insignia de ouro deste Colexio profesional.

Lunes, 19 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A entrega do recoñecemento produciuse onte, nunha cea de irmandade do Colexio de Axentes Comerciais de Lugo, á que asistiu, ademais da Concelleira de Economía, o Alcalde, José López Orozco.

Un día antes da concesión desta distinción, o Concello recibiu a comunicación doutro premio que tamén recoñece a xestión de Sonia Méndez, neste caso a través do Plan Urban. Trátase do Premio Nacional de Comercio Interior 2011 na súa modalidade de Concellos, concedido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Este premio recoñece o labor do Plan Urban na dinamización do comercio no Casco histórico de Lugo.

www.lugo.es/urban