O Concello e Novagalicia Banco presentan unha nova edición da Guía do Contribuínte 2012

Jueves, 19 de enero de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

López Orozco lembrou que ata o 20 de febreiro se pode domiciliar o IBI para pagalo de maneira fraccionada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Territorial de Novagalicia Banco en Lugo, Walter Álvarez, presentaron a reedición en papel da Guía do Contribuínte que se repartirá entre os veciños e descargar dende o páxina web do Concello.

López Orozco destacou que “elaboramos estas guías co fin de que os lucenses saiban dende primeiro momento do ano, xa que as taxas e prezos públicos activos dende o 1 de xaneiro, as datas e a cantidade do que van ter que pagar en impostos e taxas e cumprir como contribuíntes.”

A Guía do Contribuínte 2012 é un manual que recolle información de moita utilidade para os contribuíntes, e que, entre outras cousas recolle un calendario estable para o pago dos tributos intentando facilitar e organizar as súas economías domésticas.

Pola súa banda, Walter Álvarez sinalou a gran utilidade desta guía para os contribuíntes e afirmou que “Novagalicia Banco sempre estará disposta a colaborar en todas as iniciativas como ésta, que redundan nun maior beneficio para os cidadáns”. O Director Territorial de Novagalicia Banco tamén destacou “estreita colaboración que a entidade mantén con esta cidade dende hai anos e que nos permite estar máis cerca de todos os lucenses”.

Esta guía inclúe tamén unha descrición dos Tributos Municipais para garantir que os contribuíntes teñan claras as súas obrigas tributarias, coñezan o feito impoñible e saiban en que circunstancias están obrigados a pagar. Inclúe tamén información sobre os Beneficios Fiscais, para que a cidadanía coñeza os seus dereitos, unha relación dos medios de pagamento existentes, e o modelo de domiciliación de recibos que o contribuínte pode cubrir e depositar nas dependencias da Tesourería Municipal ou nas entidades bancarias colaboradoras.

Con esta reedición haberá na rúa 100.000 exemplares desta guía que tamén estará dispoñible na web municipal: www.lugo.es e no 010, será distribuída polo Concello nas dependencias municipais, centros sociais, asociacións de Lugo e en todas os domicilios do municipio.

Medios de pago
José López Orozco tamén lembrou as medidas de pago postas en marcha pola administración local e que supoñen novas ferramentas que facilitan a xestións aos administrados.

O Alcalde de Lugo fixo fincapé na posibilidade de fraccionar o pago do IBI en 2 prazos sen recargos nin intereses co único requisito de domiciliar dito pago antes do 20 de febreiro. Desta maneira pasaríase a cobro o primeiro prazo o día 5 de xuño e o día 5 de setembro o segundo prazo. Con esta medida preténdese facer máis levadeiro a suba do IBI para os veciños e veciñas.

Dende o Concello púxose en marcha unha serie de medidas encamiñadas a dar máis garantías aos contribuíntes lucenses e mellorar os medios de pago coa administración local cumprindo os principios de transparencia e de claridade, a través de:

- ampliación das entidades colaboradoras no pagamento
- pagamento online
- domiciliación de recibos
- pago a través de caixeiros
- pago mediante tarxeta

Multimedia