O barrio de As Gándaras inclúe na súa programación de festas a celebración do I Festival da Mocidade

Jueves, 10 de marzo de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, o Presidente da Asociación de veciños Gatos Roxos, Jaime Gueimonde, e varios dos compoñentes dos grupos que participarán no I Festival da Mocidade, presentaron esta mañá o programa de festas do barrio lucense de As Gándaras, que este ano conta coa novidade dun concerto a cargo de grupos da cidade.

O I Festival da Mocidade que se celebrará o venres día 18 de marzo ás 22.00 horas no Campo da Festa das Gándaras. O concerto contará coa actuación dos catro grupos lucenses David Taboada Grupo, Flash Banda, Zinc Só! e RipperGround.

Rosana Rielo destacou a calidade destes catro grupos, coñecidos e importantes a nivel local, moitos deles sinalou, relacionados coa Casa da Musica. A Concelleira de Xuventude destacou a gran imaxe da cidade na canteira de artistas, e animou a todas e todos os lucenses a que se acheguen ata as festas do barrio de A Milagrosa, e a disfrutar do I Festival da Mocidade. Rosana Rielo quixo agradecer aos organizadores das festas que conten coa participación de grupos da cidade na súa programación festiva.

Pola súa banda, Jaime Gueimonde, presidente da Asociación de veciños Gatos Roxos, presentou o programa de festas do barrio de As Gándaras na honra de San Xosé, que se celebrará o vindeiro venres 18, sábado 19 e domingo 20 de marzo. As festas darán comezo coa lectura do pregón, ás 20.00 horas, despois será o chupinazo e gran churrascada popular. Ás 22.00 horas dará comezo o I Festival da Mocidade. Xa o sábado, anunciou Gueimonde, haberá alboradas e pasarúas con grupos de gaiteiros, sesión vermú, un triangular de fútbol no campo de As Gándaras, e festa e verbena coas orquestras Acordes e Gran Parada. Ás 00.00 horas será a gran sesión de fogos de artificio. O domingo farase entrega de distincións a veciños e veciñas do barrio, posteriormente haberá sesión vermú, e pechará o programa a festa e verbena a cargo da orquestra Panamá e Orquestra da TVG.

 

Multimedia