O Concello pídelle á Xunta que declare o Arde Lucus festa de interese turístico galego

Viernes, 31 de diciembre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello acordou hoxe solicitarlle á Xunta de Galicia que lle conceda ó Arde Lucus a distinción de festa de interese turístico autonómico.

A proposta, defendida pola Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, foi aprobada por unanimidade na sesión plenaria que celebrou hoxe o Concello.

A Concelleira de Xuventude pediu o apoio dos grupos políticos a esta iniciativa e destacou que o Arde Lucus merece esta distinción tanto “pola súa repercusión turística incuestionable” como pola grande participación da cidadanía lucense, tanto dos nenos, os mozos e os maiores nesta celebración que, dixo, “tantas alegrías nos dá desde hai nove anos”.

Rielo tamén anunciou que “o seguinte paso será acadar a declaración do Arde Lucus como festa de interese turístico tanto nacional como internacional pero iso non é posible ata que leve cinco anos coa declaración de ámbito galego”.

www.ardelucus.com