A Concellería de Xuventude entregou hoxe os premios do concurso "Na Busca do Tesouro"

Miércoles, 29 de diciembre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, felicitou hoxe ós gañadores do concurso “Na Busca do Tesouro”, que recibiron hoxe os seus premios da mans da Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, nun acto que tivo lugar no salón de plenos do Concello.

A oitava edición deste certame celebrouse os días 27 e 28 de decembro e desenvolveuse polas rúas da cidade.

O xogo de rastrexo "Na Busca do Tesouro" foi organizado pola Concellería de Xuventude co obxectivo de proporcionarlle ós mozos unha alternativa saudábel o tempo de ocio conseguindo o mesmo tempo que os/as participantes coñezan un pouco máis a nosa cidade.
 
Nesta edición foron 11 equipos os inscritos, cada equipo está formado por 3 persoas divididos en dúas categorías: categoría A (de 14 a 17 anos) e categoría B (de 18 a 30 anos).
 
Os/as gañadores/as foron o seguintes:
 
Categoría A (14-17 anos)

1º premio ao equipo: LOS PERSONAJES (portátil)

Iván Prieto Gómez
Gonzalo López García
Alberto Puente Blanco

2º premio ao equipo: PINK LADIES (cámara dixital)

Carolina Fernández Lago
Antia Núñez Martínez
María García Ferreiro

3º premio ao equipo: YAM (ipod suffle)

Alicia Pajón Fernández
Yasmina Ferreiro Lugilde
Maitane Obarrio Palomo

Categoría B (18-30 anos)

1º premio ao equipo: NABUCO (viaxe a canarias)

Aurora Pajón Fernández
María Neira Neira
María Penalonga Ramallal

2º premio ao equipo: MAGISTERIO 4.0 (cámara dixital)

Carlos Tomás Carregal Rivera
Javier López Folgueira
Sergio Fernández Fernández

Multimedia