A Xunta de Goberno Local adxudica a peonalización de San Marcos

Jueves, 14 de octubre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local celebrou hoxe una reunión extraordinaria na que se adxudicou provisionalmente á empresa Espina Obras Hidráulicas a contratación das obras de peonalización da rúa San Marcos, un proxecto do Plan Urban cofinanciado no pola Unión Europea, a Deputación provincial e o Concello. O presuposto de adxudicación é de 1.145.989 euros e un prazo de execución de catro meses.

Na mesma reunión, o Goberno local deulle o visto e prace ó proxecto técnico que presentou a Xunta para construír o Auditorio.

Ademais, a Xunta de Goberno acordou recorrer a decisión do Xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo que non autoriza parte do proxecto de sinalización do recinto amurallado de Lugo. O recurso fundaméntase, entre outras cousas, en que a
resolución “fai referencia a procedementos de xestión administrativa e outros aspectos de carácter xenérico pero elude a única norma que regula directamente o aspecto clave: o Decreto de Sinalización turística de Galicia cuxa consideración choca frontalmente coa resolución adoptada”.

Tamén di esa resolución que se aceptan os informes dos servizos técnicos dependentes do departamento territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Lugo, cando se fose así a resolución sería positiva porque ese informe conclúe que “a proposta considérase axeitada en liñas xerais e respectuosa co ámbito polo que proponse informe favorable ca obriga de retirala sinal da Porta Nova e da Porta de San Pedro e situalas nas edificacións non contra a muralla”. As dúas salvidades que sinala este informe son doadamente asumibles e considéranse achegas moi coherentes ao proxecto.

Se o proxecto non se leva a práctica e fose necesario redefinilo “buscando un novo deseño”, como di a resolución, sería necesario contratalo de novo, non se podería recuperar o cofinanciamento comunitario investido no traballo que se levou a cabo axustándose á normativa e coas medidas de prudencia e boa fe reflectidas, co conseguinte prexuízo económico para o Concello. Ademais poría ó Concello nunha situación estraña e de gran risco, posi traballaríase á marxe das disposicións normativas vixentes e sen ningunha seguridade xurídica, podendo ser rexeitada de plano a nova proposta.

Ademais, a Xunta de Goberno Local acordou hoxe impoñerlle unha sanción disciplinaria que supón a suspensión de funcións durante tres anos por unha falta moi grave a un oficial da Policía Local.

A sanción é consecuencia dun expediente disciplinario que se lle abriu a este oficial da Policía Local logo de que afirmara en declaracións a un medio de comunicación que as dependencias da Policía Local ían quedar “practicamente sen vixilancia durante varios días do mes de agosto” pola distribución dos turnos de traballo e a ausencia de persoal que tiña vacacións e baixas médicas.

A Xunta de Goberno Local tomou esta decisión tralos informes do instrutor do expediente e da asesoría xurídica do Concello e logo de tramitalo con todas as garantías procesais.

 

Multimedia