A artista Diana Navarro actuará no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Miércoles, 26 de noviembre de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Dentro das actividades organizadas polo Concello con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero mañá, xoves 27 de novembro, a artista Diana Navarro ofrecerá un concerto ás 21.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

A artista malagueña presentará ante o público lucense temas da súa traxectoria profesional en que se inclúen en discos de éxito como No te olvides de mi, 24 rosas ou Camino verde. Diana Navarro conta xa cun recoñecido prestixio como cantante e obtivo diversos premios como un Ondas no 2005, a nominación a mellor nova artista dos Grammys Latinos no mesmo ano ou os premios da música no 2006 e no 2008.

Tanto a copla como a saeta marcan a traxectoria de Diana Navarro, que ademais bebe doutras fontes como o flamenco, a ópera, o pop ou o fado. O folclore mediterráneo e as melodías norteafricanas tamén están nas raíces da súa música.

As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio dende unha hora antes do concerto a un prezo de 5 euros.