As melloras nas tuberías da rede arterial de augas da cidade provocarán cortes de suministro o vindeiro xoves 27 de novembro

Miércoles, 26 de noviembre de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou hoxe que debido ás melloras que se van a realizar o día 27 de novembro nas tuberías da Rede Arterial de Augas na cidade poderán producirse unha serie de cortes de auga en diferentes zonas da cidade.

Segundo anunciou o Concelleiro, “as zonas altas da cidade quedaranse sen suministro de auga e o resto da cidade con menos presión da habitual, o vineiro xoves desde as 6:00 horas ata que se rematen os traballos, aproximadamente ás 22:00 horas”.

As actuacións levaranse a cabo nas tuberías da Rede Arterial situada na rúa Mar Cantábrico á altura de Camiño de Pipín, as que consisten en cambiar unha válvula de corte na Rede Arterial de fundición de diámetro 800 mm, así como a conexión dun by-pass entre esta tubería e a tubería de fundición de diámetro 500 mm que renovou recentemente a empresa Trasga.

As zonas que probablemente se queden sen suministro de auga son as seguintes:

- Souto
- A Campiña
- As Gándaras
- Galegos
- Estrada de Fonsagrada
- Castelo
- Conturiz
- Nadela
- Areeiras
- Louzaneta
- Orbazai
- Garabolos
- Piringalla
- Av. de A Coruña
- Zona centro da cidade

O Concelleiro pediu disculpas aos cidadáns polos problemas que se lles poderían ocasionar, pero afirmou que estas actuacións servirán para dar un mellor servizo á cidade.