O Concello adica 54.000 euros á instalación de puntos de luz en 19 parroquias

Lunes, 08 de noviembre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Na Xunta de Compras adxudicouse a instalación de puntos de luz en parroquias da zona rural por importe de 54.000 euros á empresa Raúl e Hijos.

A Concellería de Zona Rural, que dirixe Lino González Dopeso, vai instalar 52 puntos de luz en 19 parroquias: Santa Eulalia de Bóveda, Poutomillos, Bacurín, Ombreiro, Soñar, San Xoan do Alto, San Xoan do Campo, Vilachá de Mera, Torible, Calde, Santa Comba, Fixós, Cuiña, San Xoan de Peña, Labio, Outeiro, Esperante, Santa María Alta e Tirimol.

Tamén se reuniu hoxe a Mesa de Contratación do Concello que abriu as ofertas económicas de dous proxectos:

A contratación das obras de restauración e valorización da piscina romana da praza de Santa María. A Mesa de contratación propuxo adxudicar o proxecto á empresa Terra Arqueos SL cun presuposto de 104.000 euros e un prazo de execución de 4 meses. As obras comezarán no mes de novembro. O proxecto para recuperar a piscina romana que está soterrada na praza de Santa María inclúese no Plan Urban, que cofinancia as obras nun 70% a través do FEDER.
 
Á contratación da subministración e instalación do equipamento necesario para as escolas infantís de San Fiz e A Piringalla presentáronse 9 empresas. Nas próximas semanas resolverase este concurso.

www.lugo.es/urban