O Alcalde recibiu ó Sindicato Profesional de Policía que celebra unha xuntanza en Lugo

Viernes, 15 de octubre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá a dirixentes do Sindicato Profesional de Policía, nun acto no que tamén participou o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade.

Este sindicato policial está a celebrar en Lugo, durante tres días, a súa Xunta Nacional, na que que participan corenta profesionais do Corpo Nacional de Policía das Escalas Superior, Executiva e de Subinspección.

Cadrando coa reunión de ámbito nacional tamén se desenvolve na nosa cidade a Xunta Rexional do SPP.