A Concellería de Xuventude organiza un curso de linguaxe de signos

Viernes, 18 de marzo de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O curso terá unha duración de 150 horas e impartirase os luns, martes e xoves

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou esta mañá un novo curso de formación organizado dende a súa Concellería, e dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 35 anos.

O curso de “Iniciación ó Linguaxe de Signos 2011” terá unha duración de 150 horas, e impartirase os luns, martes e xoves de 18.00 a 21.00 horas, excepto festivos, dende o vindeiro 4 de abril ao 28 de xullo. O número de prazas é de 15 persoas.

A Concelleira de Xuventude destacou que este tipo de cursos “son moi demandados e cunha alta saída laboral”, e sinalou que dende o Concello ofrécese a oportunidade de acceder a eles a un custo moi reducido, tan só 30 euros en concepto de matrícula.

O prazo de inscrición será dende hoxe, 18 de marzo, e ata o xoves 31 de marzo ás 19.00 horas. Para poder participar neste curso será necesario estar censado ou no seu defecto estudar ou traballar en Lugo. Para conseguir o diploma do curso será necesario non ter máis de 6 faltas de asistencia.

Para máis información, os interesados poden chamar ao teléfono 982.297.496 ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil en horario de mañás de 10.00 a 14.00 horas, e de tardes de 16.30 a 19.00 horas de luns a venres.

Multimedia