A Concellería de Infraestruturas vai arranxar unha tubería de saneamento que rompeu en Conturiz

Jueves, 17 de febrero de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou hoxe que os técnicos municipais estudan a maneira de arranxar o antes posible o problema ocasionado pola rotura dunha tubería da rede de saneamento no lugar do Cuco, en Conturiz.

Piñeiro indicou que a tubería rota ten perdas que van parar a unhas fincas particulares. Tamén explicou que unha vez que se soubo do problema, visitouse a zona e os técnicos xa están a estudar o xeito de facer a reparación o máis rápido posible. De feito, indicou que a actuación para reparala levarase a cabo pola vía de urxencia.

O Concelleiro de Infraestruturas tamén anunciou que posteriormente levarase a cabo un proxecto de maior envergadura que consistirá na substitución de toda a canalización existente na zona, instalada hai moitos anos e que é demasiado pequena para recoller as augas residuais de todo o núcleo de Nadela.

Multimedia