O Concello de Lugo congratúlase de que a Xunta atenda a petición do Alcalde e asuma o custo da nova estación de autobuses

Viernes, 23 de julio de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo expresa a súa satisfacción pola nova proposta da Xunta de Galicia para construír na cidade unha estación intermodal.

O Alcalde, José López Orozco, recibiu este mediodía unha carta do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, na que propón “unha alternativa que desbloquee a situación mediante unha ferramenta que permitiría cumprir o teu desexo, plantexado no derradeiro parágrafo da túa carta”, en alusión á misiva que lle remitiu onte pola tarde o Alcalde desa cidade. López Orozco dicía textualmente nese parágrafo:

“En todo caso, estaremos encantados de asinar o Protocolo para o desenvolvemento da estación intermodal da cidade, sempre e cando se incorpore claramente que o pobo de Lugo non vai a ter que poñer nin un só euro, nin ceder e recalificar ningunha das parcelas do patrimonio municipal de solo que nada teñen que ver con estas actuacións. Coincidimos en que o noso obxectivo é dotar a Lugo da mellor estación intermodal posible”.

O nova redacción que propón a Xunta de Galicia para incorporar ó texto do protocolo de construción da estación intermodal dí o seguinte:

“En caso de que a Administración local optase por non executar, sobre a parcela da actual estación de autobuses, unha actuación urbanística cun aproveitamento lucrativo, sería o Concello de Lugo o que asuma o custo das actuacións de reurbanización do entorno da actual estación, asumindo a Comunidade Autónoma o custo da nova estación de autobuses, así como do 50% das actuacións de reurbanización do entorno que, no seu caso, fosen necesarias para a loxística da estación intermodal. Todo isto considerando as dispoñibilidades presupostarias que correspondan”.

 

Multimedia