O Concello de Lugo pon en marcha un dispositivo especial de seguridade ante a alerta amarela

Viernes, 06 de febrero de 2009
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Protección da Comunidade e a Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural do Concello de Lugo puxeron en marcha un dispositivo especial ante a alerta amarela activada pola Dirección Xeral de Protección Civil  por mor da neve coas seguintes medidas:

-Estarán dispoñibles efectivos de Urbaser, Calfensa e servizos eléctricos de zona rural.

-Protección Civil terá preparados os vehículos con cuñas, motoserras e un vehículo para prestar servicio nas aforas da cidade.

-Tanto Urbaser como Protección Civil repartirán sal nos puntos que sean necesarios.

-Contarase tamén con los vehículos del parque móbil por si fuesen necesarios.

- Por parte dos corpos de Policía Local estarán os efectivos que se estimen oportunos.

- Como medida de seguridade para a cidadanía, poderase decretar o peche dos parques públicos.

Por outra banda o Concello de Lugo quere facer públicos unha serie de consellos ante esta alerta amarela:

Prepárese para unha eventual situación de urxencia por "inclemencias invernais", dotándose de roupa e calzado adecuado, alimentos, medicamentos de consumo regular e combustible para unha semana. Debe considerar que se hai dificultades na circulación, os vehículos de transporte non poden servir combustible a domicilio .

Preste atención ás emisoras locais de radio ou televisión para obter información sobre a situación atmosférica.

Teña coidado coas estufas de carbón, eléctricas e de gas, procurando que non estean preto de visillos, cortinas, etc. Atención aos xogos dos nenos nas súas inmediacións.

Tome precaucións para evitar o envenenamiento producido polas caldeiras e quentadores en lugares pechados sen renovación de aire; procure: airear, deixar fiestras entreabiertas, etc...

Evite a entrada de aire extremadamente frío nos pulmóns, protéxase rostro e cabeza. O frío exerce sobre o corazón unha tensión extra. Se se realizan esforzos físicos excesivos córrese o risco de sufrir un ataque cardíaco ou danar en exceso o seu organismo.

As persoas de avanzada idade non convén que salgan á rúa se non é necesario.

Se vai emprender unha viaxe, infórmese antes dos riscos de inclemencias nas zonas polas que vai desprazarse. Evite desprazamentos inncesarios. Se as condicións son adversas, aprace a viaxe ou utilice o transporte público. En todo caso procure non viaxar só, viaxe de día usando as estradas principais se é posible, e evite conducir de noite ou cando hai ventisca. Antes de emprender a viaxe revise os freos, pneumáticos e sistemas de alumeado, repoña o líquido anticonxelante e verifique as buxías, é dicir, asegúrese de que o coche está a punto.

Asegúrese de que alguén saiba onde vai, o seu horario previsto e o tempo aproximado de chegada ao seu destino. Procure levar no seu coche: cadeas, radio, lanterna, roupa de abrigo e o depósito de combustible cheo. O perigo extremo prodúcese cando hai ventisca, xa que hai unha combinación de aire frío, nevada e forte vento, reducindo a visibilidade.

Se entra nunha zona de xeo ou neve dura conduza con suavidade, con marchas curtas, evitando en todo momento frear bruscamente, é mellor que o vehículo cruce a zona pola súa propia inercia, manteña considerables distancias de seguridade con outros vehículos.

Se o temporal sorpréndelle dentro do coche e lonxe dun pobo, debe permanecer dentro del. Se ten a calefacción posta, deixe algún portelo entreabierto para renovar o aire.

Se carece de experiencia na condución de vehículos nestas condicións climatolóxicas, detéñase coas luces de cruzamento acesas, se é posible en travesías e sempre fóra da calzada, para non obrigar a frear ou deter a marcha aos demais usuarios.