O Alcalde de Lugo mantivo un encontro coa alcaldesa do Goberno infantil

Miércoles, 14 de mayo de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, estivo cos arredor de 60 cativos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Menéndez y Pelayo que é onde estuda a Alcaldesa do quinto Goberno infantil da cidade, Sabela Brand García.

Como xa ven sendo habitual o Alcalde da cidade acude ao centro educativo no que se encontra o mandatario infantil para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e as dos seus compañeiros de clase.

López Orozco explicoulles como é o traballo dun alcalde e despois escoitou todas as súas preguntas. Dúbidas relacionadas co quefacer diario do Concello, o que máis lle gusta e o que menos de ser alcalde, qué cambiaría se puidera ou a súa opinión sobre a homosexualidade, foron algunhas das que plantexaron neste encontro.

O Alcalde respostou con humor a cada unha das preguntas, algunhas relacionadas coa zona do Colexio, o barrio de Abella ou as zonas verdes.

A Corporación Infantil está formada por vintecinco nenos e nenas de 5º e 6º de primaria de seis colexios e do centro Aspnais.

O Goberno componse de oito áreas de traballo que son urbanismo, cultura e educación, medioambiente, benestar social, deportes, tráfico e protección á comunidade, cidade rural e desenvolvemento xuvenil.