O Equipo de Goberno propuxo a elaboración dunha nova ordenanza do sistema ORA á Comisión de Tráfico

Jueves, 10 de abril de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Transportes, José Rábade, propuxo esta mañá ante a Comisión de Tráfico, a elaboración dun novo prego e dunha nova ordenanza do servizo de ordenación e regulación de aparcamento. A proposta incluiría a creación de diferentes zonas de estacionamento segundo as necesidades de utilización nas distintas zonas da cidade. A Zona ORA podería ser:

-De réxime xeral, no que os usuarios poderán estacionar o seu vehículo,abonando un prezo, durante un prazo máximo de dúas horas.

- De réxime xeral de curta duración, que irán destinados a usuarios que estacionen o seu vehículo un máximo dunha hora.

- De réxime xeral de longa duración, deseñados para que os usuarios poidan estacionar o seu vehículo ata catro horas.

Por outra banda, o Concelleiro expuxo ante a Comisión os cambios realizados recentemente nas liñas do transporte público da cidade, e que foron moi ben acollidos por todos os asistentes á xuntanza. Anunciou ademais que se acaba de proceder ao pintado de 43 paradas de bus.

A posibilidade de delimitar un carril bus na Avenida de Ramón Ferreiro foi outro dos temas tratados nesta Comisión. O Equipo de Goberno propuxo que se estude a posibilidade de que non se habilite únicamente para os autobuses, senon que, coa remodelación da Avenida, se elimine o aparcamento da zona central para que se poida circular por dous carrís en cada un dos sentidos. Ademais quere que se estude a posibilidade de instalar un semáforo no cruce de Mariña Española coa Avenida de Ramón Ferreiro para dar fluidez ao tráfico e favorecer a circulación do transporte público.

O Goberno Local quere estudar a viabilidade de establecer liñas de transporte entre diferentes núcleos da zona rural, pero considérase convinte agardar á aprobación da futura Lei de Transporte de Viaixeiros que está a elaborar a Consellería de Ordenación Territorial, Obras Públicas e Transporte, xa que se configura como o instrumento lexislativo que definirá, planificará e acometerá a renovación integral do sistema público de transportes na Comunidade Autónoma para facelo competitivo. O Concello de Lugo agardará a aprobación da lei para establecer unhas liñas de transporte na zona rural acordes coa normativa autonómica. Esta iniciativa xa fora plantexada no seu día polo Alcalde de Lugo e o Concelleiro responsable.

Outro dos puntos da orde do día da xuntanza, foron as melloras a realizar no centro histórico da cidade. O Concello quere ralentizar o tráfico na rúa San Marcos, e para isto, instalarase un sistema de frenado europeo que afecta únicamente aos turismos.

Ademais nos dos obxectivos do Grupo de Goberno é a peonalización da Praza do Ferrol, a vía Romana, permitindo unicamente o paso dos servizos situados na praza. Estudarase tamén, a peonalización da rúa da Xesta, para evitar as conxestións de tráfico que habitualmente se producen nesta vía.