Presentados na Casa do Concello os actos de celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

Miércoles, 09 de abril de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O martes 8 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Xitanos. Esta data, institucionalizada xunto á bandeira e o himno xitanos no Primeiro Congreso Mundial Roma/Xitano celebrado en Londres en 1971, está tendo nos últimos anos unha importante difusión. Como en anos anteriores, a Fundación Secretariado Xitano editou tamén este ano un cartel conmemorativo (con versións en varias linguas) e desde as sedes territoriais programáronse numerosas actividades culturais e lúdicas.

Os actos no Concello de Lugo, foron presentados pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basdre, Ruth León Gabarri, da Asociación de Promoción e Intregración Xitana, e Avelino Cortiñas Romero, da Fundación Secretariado Xitano.

A Concelleira exlicou que “é importante celebrar esta festa para acadar unha verdadera integración, así como coñecer a súa cultura e recordar que son un pobo cos mismos dereitos que o resto de cidadáns”.

Ruth León, explicou que “a celenbración deste día supuso nos últimos anos unha importante ocasión para o recoñecemento dos xitanos” e que se trata dunha chamada de atención á discriminación que o seu pobo ainda está a sufrir.

Os actos de celebración comezaron o 8 de abril coa celebración dun maratón de lectura na praza na Praza Maior que comezou ás cinco e media da tarde.

O sábado 12 de abril realizarase, a partir das 12:30 horas na área recreativa de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, a tradicional ceremonia do río, na que se lerá o manifiesto, entonarase o himno xitano “Yelem Yelem” e terá lugar o acto floral en honor aos antepasados deste pobo. Xa ás13:30 horas comezará a comida campestre á que seguirán os xogos populares.

Os actos de celebración tamén contarán co seu apartado deportivo. O sábado 12 de abril, ás 19:30 horas, xogarase un partido de fútbol nas instalacións de Frigsa, e unha semana despois, o sábado 19, ás 17:00 horas, celebrarase un encontro entre o Azkar Lugo e unha selección da Asociación Gitana nas instalacións da Fundación Azkar.