O venres remata o prazo para inscribirse nas actividades formativas organizadas pola Concellería de Xuventude

Martes, 11 de marzo de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Este venres, 14 de marzo, remata o prazo para inscribirse nos cursos de Linguaxe de Signos e de Monitor de Tempo Libre organizados pola Concellería de Xuventude. Estas actividades están orientadas a ofrecer unha formación práctica e útil para incorporarse ao mercado laboral. Por este motivo, dende o Servizo de Xuventude do Concello propóñense os seguintes cursos, todos eles gratuítos:

1. Cursos de Linguaxe de Signos
Están divididos en dous niveis, un de iniciación e outro de nivel intermedio, cunha duración de 140 horas cada un deles. O prazo de inscrición permanecerá aberto dende este xoves, 6 de marzo, ata o vindeiro 14 de marzo e cada curso ofrece quince prazas.

Contando con 15 prazas dispoñibles en cada un dos niveis, o prazo de inscrición rematará o 14 de marzo.

2. Cursos de Monitor ou Monitora de Tempo Libre
Como en anos anteriores estes cursos organizaranse en dúas quendas: unha intensiva, durante as fins de semana, e outra a desenvolver en clases ao longo da semana, para poder compaxinar a asistencia ao curso cos traballos e as clases.

Estes cursos terán unha duración de 350 horas, das que 200 son teóricas e 150 prácticas, e servirán para obter o Título Oficial de Monitor/a de Tempo Libre expedido pola Xunta de Galicia. En cada curso ofrécense con 25 prazas dispoñibles, destinadas a mozos e mozas entre os 18 e os 30 anos.
Os interesados en inscribirse nestas actividades poden formalizar as inscricións na Oficina de Información á Xuventude situada no Centro Social Uxío Novoneyra no 3º andar.