Arrinca un novo ciclo de cine xuvenil sobre "Muller e Interculturalidade"

Jueves, 06 de marzo de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O filme “O domingo, se deus quere” abre o ciclo este venres ás 20:00 horas

Este venres, 7 de marzo, arrinca un novo ciclo de cine xuvenil organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Baixo o título “Muller e Interculturalidade” proxectarase unha película cada venres, ata o 27 de xuño, no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 20:00 horas.

O filme “O domingo, se Deus quere”, dirixido por Yamina Benguigui abre este ciclo que comprende outros quince títulos que abordan como temática común os diferentes aspectos da convivencia entre as diferentes culturas, ben para denunciar os principais obstáculos como son o racismo ou a marxinación, ben para transmitir historias de superación persoal.

A película francesa de Yamina Benguigui conta a historia de Zouina (Fejiria Deliba), unha arxelina que chega a Francia cos seus tres fillos e ca súa sogra para reunirse co seu marido Ahmed (Zinedine Soualem), a quen non ve dende fai moito tempo. A vida como inmigrante para ela será moi difícil xa que se encontrará con veciños agresivos, desconfianza no seu marido e problemas ca súa sogra. O único que a manterá en contacto co mundo real e as mulleres é a radio.

Cansada e soa, un día descubre que moi cerca dela vive outra familia argelina e fará todo o posible para lograr contactar con ela.

Outros títulos que se proxectarán ao longo deste ciclo son “As mulleres de verdade teñen curvas”, “A voda del monzón”, “El principio de Arquímides”, “Solas”, “Os amantes do Círculo Polar”, ou “O tren da memoria” entre outros, todas películas de recoñecido prestixio e gran calidade cinematográfica.