Máis de 19.000 persoas pasaron este Nadal por Xuvenlugo

Miércoles, 16 de enero de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Un total de 19.297 visitantes asistiron ó salon de ocio Xuvenlugo organizado pola Consellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre. Como en pasadas edicións, Xuvenlugo encheu de atraccións e xogos o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 6 ao 9, do 14 ao 16, e do 21 de decembro de 2007 ó 6 de xaneiro de 2008.

Como cada ano, unha das actuacións que máis capta o interese dos visitantes foi a pista de xeo, que contou con 5.181 patinadores entre aficionados e expertos.

A pista profesional de karting e a pista infantil de karts foi todo un éxito entre os afeccionados ó mundo do motor. Tanto nenos coma adultos contaron con dous modelos de automóbiles cos que competironen destreza e velocidade. A pista contou con monitores especializados encargados de vixiar por unha condución axeitada.

Foron moitos os visitantes que demostraron as súas habilidades na práctica do golf gracias á pista de minigolf de 230 m2 instalada no recinto e na que puideron participar ata 25 xogadores simultáneamente.

Non faltaron as míticas atraccións como o Tren da bruxa, Twister, Saltamontes, Scalextric, Baby, Camas elásticas, Coches de choque, Dragón, Hinchables, Peneira... nas que disfrutaron nenos e maiores.

Os obradoiros de animación como os de pintura, videoxogos, ou o karaoke contaron tamén cun bo número de participantes.

O pavillón 2 do Pazo de feiras estivo ocupado co circuíto de scalextric máis grande dos que se instalaron ata agora en Xuvenlugo. Con 90 metros de percorrido e tramo de rallie, mediu as forzas e habilidades de dous coches de competición.

Foron moitos os lucenses que se achegaron ó mercadiño de xoguetes de coleccionismo, un espazo adicado á venda de todo tipo de xoguetes, actuais e de coleccionismo, onde se poderán atoparon todo tipo de produtos dende 1 euro en adiante.