O Concello de Lugo incorpora ó Servizo de Autobús Urbano un novo vehículo con rampa para minusválidos

Lunes, 19 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, acompañados por membros de Auxilia (Asociación para a promoción social e cultural de diminuídos físicos), presentaron un novo autobús urbano adaptado con rampa para discapacitados.

Coa incorporación dun novo autobús urbán Citaro Mercedes-Benz de piso baixo continuo e equipado con rampa e sistema Klening de arrodillamento para facilitar o acceso dos viaxeiros, pasan a ser 10 os vehículos destas características. A nova unidade conta con capacidade para 106 persoas (32 sentadas e 74 de pé).

Na totalidade das liñas, o cen por cen dos autobuses quedan de piso baixo contínuo (sen chanzos) quedando en reserva un autobús de piso baixo e dous antigos de escalóns para cosa de sustitucións por mantemento, avería, etc. Os dous vehículos de piso alto serán sustituídos no próximo ano 2008, quedando así a flota de autobuses totalmente renovada en canto a autobuses de tipo baixo contínuo se refire. Na actualidade os autobuses en servizo de liña con rampa é de 62.5 % e cos dous novos vehículos quedaría no 75% con adaptación para minusválidos.

Ademais, coa renovación da flota que o Goberno Local ven realizando dende o ano 2003, a idade dos buses en servizo de liña é, hoxe en día, de 6´49 anos. O Concelleiro de Protección da Comunidade indicou que “o Goberno Local seguirá apostando polo transporte público e por iso continuará invertindo na renovación e melloría da flota nos próximos anos”.

Coincidindo coa presentación do novo autobús, amplíase o uso de biodiesel de 3 autobuses que o utilizan na actualidade en 5 máis, o que supón que o 40% da flota usara este tipo de combustible e esperando chegar ó 50% no próximo ano.

Xuntanza de voceiros

O Voceiro do Goberno Municipal explicou que esta mañá se convocou á Xunta de Voceiros na que o Concelleiro de Urbanismo aclarou ós representantes dos grupos municipais as acusacións infundadas aparecidas na prensa. O Goberno Local convocou esta reunión o mesmo luns a primeira hora da mañá o primeiro día hábil para garantir a transparencia na xestión do edil. Nesta xuntanza Francisco Fernández Liñares indicou que non ten nada que ocultar e que os seus bens están incluídos no rexistro de intereses municipais.

Rábade suliñou ademais que “as acusacións na prensa non son o procedemento axeitado para facer denuncias deste tipo. Onde se deben dirimir é no xulgado”.