A V edición do Certame Lucus Augusti convida aos xoves creadores a participar

Lunes, 19 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou unha nova edición do Certame Lucus Augusti que se convoca por quinto ano consecutivo. Creouse coa intención de dar unha oportunidade aos xoves creadores para amosar o seu arte e servir de trampolín profesional.

Este ano a principal novidade e o aumento do orzamento ata 3.000 euros destinados aos premios. Este é un estímulo para que os mozos poñan en práctica o seu talento. Como nas edicións anteriores, o certame establece catro modalidades de participación: poesía, fotografía, pintura e relatos curtos. Para as catro modalidades artísticas a temática é libre e o requisito común en todas é que as obras deben ser inéditas e de creación propia.

Asimesmo, distingue dúas categorías de idade:

- unha categoría A, para mozos nacidos entre o 14 de abril de 1989 e o 31 de decembro de 1992;
-outra categoría B, para rapaces nacidos entre o 1 de xaneiro de 1976 e o 13 de abril de 1989.

O prazo de presentación permanecerá aberto dende o día 27 de febreiro ata o 13 de abril de 2007. As obras poderán ser enviadas por correo certificado e mensaxería ou entregadas personalmente na Oficina de Información Xuvenil (OIX), situada no Centro Social Uxío Novoneyra. Para máis información pódense consultar as bases na OIX en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas ou na web www.lugo.es.