O Concello de Lugo organiza un curso para formar a docentes de persoas con dificultades de inserción laboral

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo impartirá un curso de formación sobre Metodoloxía e resolución de conflictos para docentes de persoas con dificultades de inserción sociolaboral.

O curso encádrase no marco do proxecto Lugo Social da Iniciativa Comunitaria Equal dirixido a inserción laboral das persoas que teñen maiores dificultades de acceso ó emprego se realizan accións de formación en distintas ramas e oficios profesionais para mellorar e favorecer a empregabilidades dos colectivos de referencia.

Ó longo do periodo de implementación do proxecto, observouse que algúns docentes, especialistas nas diferentes ramas, con independencia da súa formación específica sobre a materia a impartir, descoñecen as diferentes características e problemáticas que inciden sobre os beneficiarios/as do programa, e como abordalas. Esto pode convertirse nalgúns casos nunha barrei-ra para facer chegar de xeito adecuado tanto as ensinanzas como a filosofía de inserción laboral propia deste tipo de proxectos.

É por esta razón que se considera necesario realizar un curso de formación sobre metodoloxía e resolución de conflictos.

O curso dirixido a 20 profesionais que impartan docencia e/ou traballen en programas de inserción sociolaboral de persoas con dificultades de acceso ó mercado laboral, terá unha duración total de 54 horas que se repartirán dende dende o 19 de novembro ata o 19 de decembro.

As persoas interesadas poderán apuntarse do 1 ó 9 de novembro, no Rexistro Xeral do Concello, solicitude normalizada que poderán recoller na Axencia do Desenvolvemento Local do Concello, praza maior, núm. 1 ou no propio Rexistro.