A Concelleira de Muller e Servizos Sociais asiste á homenaxe da ONCE a Maximiliano Rodríguez Magi

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, asistiu á homenaxe que o grupo da ONCE en Lugo realizou ó atleta Maximiliano Óscar Rodríguez Magi pola súa excelente traxectoria deportiva en tan só dous anos de carrera no mundo do deporte. No acto estiveron tamén presentes D. Juan Leirós, director da ONCE en Lugo e Dolores Venancio, Presidenta do Consejo Territorial da ONCE.

Quísoxe facer un recoñecemento ó atleta polo seu esforzo que le levou a alzarse como medallista en numerosos campionatos nacionais e internacionais. Tamén se aproveitou a ocasión para feleicitar ó seu entrenador e club deportivo San Fernando Lucus ó que pertenece Maximiliano.

A Concelleira alabou o esforzo realizado por este rapáz e a confianza posta polo seu enquipo nel. Basadre indicou que “Maximiliano é un exemplo de que con constancia, esforzo e apoio, os obstáculos poden sortearse e chegar ata onde cada un se propoña, con o sen discapacidades”.

Este atleta, que sufre una discapacidade visual, foi elexido o 12 de outubro o Deportista Lucense do Ano, pero non foi o único galardón que se levou na gala do deporte lucense, Maximiliano Rodríguez también foi o gañador na categoría de Deporte de Discapacitados.