O Centro Socio-Cultural de Fingoi acolle o Ciclo de Outono Teatral

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, colabora con Nova Escena Teatro na organización do Ciclo de teatro Amador “Atracción Teatral” enmarcado nos Ciclos Outono Teatral.

Para a realización do ciclo a Concellería de Muller e Servizos Sociais facilita o emprego das distintas instalacións e a infraestructura precisa para organizalo.

O ciclo contará con seis representacións levadas a cabo por diferentes grupos de Teatro Amador en varias localidades de Galicia. En lugo terán lugar ó longo de varios sábados dos meses de outubro e novembro no Centro Socio- Cultural de Fingoi.

Nesta ocasión Nova Escena Teatro contará en Lugo coa compañía Palimoco como invitado, que representará a obra O percebe e o pingüin o próximo sábado 20 de outubro ás 20:00 horas.

Xa no mes de novembro,o día 24, Nova Escena Teatro representará Cinco mulleres co mesmo vestido, promovida pola Concellería de Muller e Servizos Sociais de Lugo.