Máis de mil persoas asisitiron ó longo do verán ás clases de Tai-Chi ó aire libre

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O mal tempo non mermou o interese polas clases de Tai-Chi ó aire libre organizadas pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Unha media de trinta persoas asistiron, cada luns e mércores ó parque de Rosalía de Castro e cada martes e xoves ó parque da Milagrosa, a súa cita para practicar esta disciplina oriental; chegando nalgunha xornada ata os 40 participantes.

A maioría dos asistentes ós cursos, entorno ó 75%, foron mulleres de mediana idade, aínda que houbo participantes de todas as idades, incluso nenos. Este dato demostra que é unha práctica de exercicios suaves, moi doados de realizar e indicados para todas as persoas.

Beneficios

A práctica do Tai-Chi aportou ós asistentes unha liberación da tensión diaria e melloraron, notablemente, o seu estado xeral de saúde e de concentración tomando conciencia do propio corpo e deles mesmos. Os monitores do curso tamén ensinaron ós asistentes a respirar correctamente.

Os beneficios obtidos polos participantes nesta actividade organizada dende o Concello de Lugo, complétanse cunha suave automasaxe dos músculos e órganos internos, coa mellora da circulación sanguínea e o equilibrio da tensión arterial.

Programa

Como os grupos foron bastante heteroxéneos, houbo que homoxeneizar os contidos e a metodoloxía. As clases contaron con tres partes: unha de quencemento, outra de traballo de respiración, relaxación e activación da enerxía, e unha terceira máis activa: practicando as técnicas de pés, pernas, brazos, mans e movementos de puño.