Os nenos do barrio do Castiñeiro e os participantes nas colonias do Azkar comparten unha xornada de convivencia

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Os cativos das Colonias de Verán Multideporte organizadas polo Azkar Prone participarán este mércores, día 8 de agosto, nunha xornada de convivencia cos nenos do barrio do Castiñeiro.

Esta actividade encádrase dentro dun programa de xornadas de convivencia, entre os nenos que participan nas colonias do Azkar e os rapaces de diferentes barrios de Lugo, que organiza a Concellería de Muller e Servizos Sociais.

Comezará ás 10:30 da mañá e durará arredor de dúas horas. Os rapaces compartirán actividades ao aire libre cos cativos do barrio do Castiñeiro. Haberá xogos na rúa e talleres impartidos por monitores expertos que atenderán a todos os pequenos que se acheguen ata alí.

A filosofía desta iniciativa é fomentar a integración, a convivencia e a solidariedade entre os máis cativos e que os nenos que participan nas colonias compartan un día de lecer e sumen aos seus xogos aos cativos de Lugo.

Estas xornadas continuarán o 22 de agosto na Acea de Olga.