Un ano máis as Festas de San Lorenzo de Foz preséntanse no Concello de Lugo

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañou esta mañá no Concello de Lugo o responsable de Cultura do Concello de Foz, Jaime Cancio, na presentación das festas patronais da localidade costeira, que comezan hoxe, 2 de agosto, cun programa que se alongará todo o mes.

O interese por presentar este programa en Lugo, débese a que no verán esta vila é o lugar escollido por miles de lucenses para pasar as vacacións, por iso conta co total apoio da corporación lucense.

Cun orzamento de 200.000 euros, Foz festexará ao San Lorenzo con música, teatro, cine, pintura, concursos e concertos ao aire libre. A música ocupará un lugar importante dentro do programa e estará presidida polo concerto de Soraya, no paseo da Riberia, o día 6, ás once da noite. Pero non haberá que agardar, esta noite, o concerto de Los Amados abrirá o programa das festas. Entre outras actividades destaca o espectáculo piromusical o 10 de agosto na praia da Rapadoira, un espectáculo inédito con artificios acuáticos que sorprenderá a moitos.

As actividades vestirán de festa a localidade de Foz o longo de todo o mes de agosto.