Do 6 o 31 de agosto paralízase o servizo de intérprete de linguaxe de signos

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O servizo de intérprete de linguaxe de signos como acompañante para persoas xordas que ofrece o Concello de Lugo, paralízase do 6 o 31 de agosto por vacacións do persoal.

O servizo, totalmente gratuíto, volverá a funcionar a partir do 1 de setembro. O intérprete acompañará de novo ás persoas xordas que así o soliciten naqueles trámites que se realicen no Concello e tamén para realizar outro tipo de xestións burocráticas con outras institucións (Xunta, Sergas, Facenda, etc...).