O Alcalde clausura as actividades de animación sociocultural do centro social Uxío Novoneyra

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo está a celebrar durante esta semana a clausura do programa semestral de Animación Sociocultural dos centros sociais municipais, que se desenvolveu na cidade desde o mes de outubro.

Os actos de clausura están a ter lugar todos os días da semana ás doce da mañá. O luns comezou a clausura no Centro Social Lamas de Prado; este martes o Alcalde de Lugo, José López Orozco, clausurou as actividades do centro Uxío Novoneyra; o mércores tocaralle a vez ó Sagrado Corazón; o xoves en Fingoi e o venres na Milagrosa.

Nestes actos de clausura están a participar os habituais dos obradoiros e das restantes actividades celebradas. Ademais, cada centro acolle unha pequena mostra cos traballos do mesmo.

Durante este semestre, miles de persoas teñen participado nos diferentes centros sociais nas actividades organizadas. Cursos de formación, de ocio e de aprendizaxe, xunto con cine e todo tipo de actuacións confirmaron un programa amplo e moi variado. O Concello de Lugo é pioneiro en España na difusión das súas actividades, como son as de animación sociocultural, en braille.