O Concello colabora nun proxecto de cooperación coa rexión senegalesa de Louga

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais acudiu esta mañá a supervisar o envío do material donado polo Concello e outras empresas da capital, como Arenal, para a escola de Louga. Esta é a segunda ocasión na que o Concello colabora neste proxecto de cooperación con este poboado senegalés promovido por Manuel Méndez. A colaboración foi proposta o pasado mes de febreiro, cando a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, entrou en contacto cunha representación da rexión de Louga e coñeceu a dramática situación de pobreza que afecta a esta zona de Senegal.

O Concello, ademais de subvencionar os gastos do envío, aporta dúas bombas de auga e un xenerador eléctrico para construir un pozo e aportar luz á escola. Por outra banda, a empresa Arenal aporta produtos de alimentación e hixiene, e moitos lucenses entregaron roupa, calzado e xoguetes. Todo este material será repartido entre os habitantes de Louga, ainda que principalmente vai destinado aos nenos e aos anciáns por ser os sectores da poboación máis desfavorecidos.

Este envío, que partiu ás 13:00 horas, tardará quince días en realizar o longo periplo que separa Lugo da poboación de Louga, unidas por un irmanamento o ano pasado. Esta rexión, sofre o azote da fame e da pobreza desde fai moitas décadas e foi víctima dunha epidemia de cólera no ano 2004. Esta miseria expulsa da súa terra a moitas persoas, que teñen que emigrar en busca dunha oportunidade para vivir.

A Concelleira indicou que “estas iniciativas son fundamentais para loitar contra a pobreza, pois do que se trata é de facilitar instrumentos para que os poboadores de Louga poidan traballar as súas terras e construir a súa industria”.

A rexión de Louga está situada a 178 quilómetros de distancia de Dakar e está habitada pola tribu dos wolof, precisamente no seu dialecto Louga equivale a Lugo. O pobo dos wolof viven nun sector extremadamente árido e desértico polo que só o 35% da súa poboación ten acceso a agua potable.

O coordinador do proxecto, Manuel Méndez, indicou que xa se está a traballar nun terceiro envío no que se espera recibir material informático aproveitando o xenerador de luz que dona o Concello e abrir unha vía de comunicación e coñecemento aos rapaces que estudian na escola de Louga.