Preto de cen persoas participan nas I Xornadas sobre Prevención de Drogodependencias

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo acollerá os días 19 e 20 de abril as “I Xornadas lucenses de Prevención de Drogopendencias: misión globalizadora”, organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.

Preto de cen persoas, entre especialistas e traballadores do sector están inscritos para participar nestas xornadas, que terán lugar no marco do Centro Social Uxío Novoneyra de xeito gratuíto.

Estas xornadas están destinadas a divulgar o traballo que se leva a cabo en materia de prevención en distintas organizacións, así como algunhas das iniciativas existentes no ámbito da prevención de drogas a nivel nacional. Están dirixidas principalmente a profesionais das distintas administracións públicas, entidades privadas e asociacións, así como estudantes e voluntarios interesados no tema, especialmente dos ámbitos da educación, psicoloxía e saúde. Estas xornadas nacen como unha conclusión do traballo realizado polo Servizo de Prevención de Drogodepencias nestes anos de funcionamento.

Serán dous días de ponencias e actividades conxuntas, o xoves durante todo o día e o venres pola mañá. Xa teñen confirmada a súa asistencia profesionais de prestixio dos distintos ámbitos relacionados coa drogadicción. A primeira xornada contará Francisco Rábado, Conselleiro Técnico da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas; Jesús Morán, Xefe de Área de Prevención da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias, e Víctor Pedreira, Subdirector Xeral de Sáude Mental e Drogodependencias.

O programa e a información sobre estas xornadas pode consultarse na web municipal, www.lugo.es ou en www.prevenciondrogas.lugo.es.