O Concello solicitará para a Semana Santa lucense a distinción de Festa de Interese Turístico Galego

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura que dirixe Concepción Burgo, solicitará á Xunta de Galicia a distinción de Festa de Interese Turístico Galego para a Semana Santa lucense.

Así o indicou tamén a Concelleira esta mañá, quen suliñou que o relanzamento da Semana Santa foi unha prioridade do equipo de goberno xa na anterior lexislatura. A primeira medida que se tomou, explicou, foi o apoio á Xunta de Confradías.

A Concelleira indicou que xa comezaron a preparar o expediente que se necesita para optar a esta distinción. Dixo que espera que este esté rematado a finais do mes de abril e poda ser remitido á Xunta de Galicia no mes de maio.