O Concello abre o prazo de solicitude de subvencións para proxectos de cooperación

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo abre mañá, venres, o prazo de presentación de solicitudes para optar as subvencións municipais para a realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social. As bases están recollidas do Boletín Oficial da Provincia publicado hoxe, día 12 de abril.

A documentación que será necesario presentar pode consultarse nas bases da convocatoria, que están web municipal, www.lugo.es, que deberá entregarse en Rexistro.

O prazo de presentación de documentación é dun mes a partir de mañá polo que o último día será o 13 de maio. A presenta convocatoria está dotada dun orzamento total de 55.000 euros, dos que 38.500 financiarán gastos de investimento dos proxectos de cooperación e 16.500 serán para proxectos de sensibilización social e gastos correntes.

Por outra banda, esta Concellería mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións á celebración de festas e actos tradicionais de Lume Novo (San Xoán) nas parroquias e barrios.

O prazo para cursar a solicitude remata o 20 de xuño para a celebración de Lume Novo e o 1 de outubro para as festas patronais. Os prazos redúcense con relación ao ano pasado, aínda que se manteñen as contías e o proceso de solicitude.

As contías da subvención teñen un máximo de 42.000 euros para as festas, con 600 euros para cada parroquia ou barrio do concello, mentres que as solicitudes non superen as 70. Ademais, haberá 8.500 euros para a noite das fogueiras, que se repartirá en partes iguais entre todos os solicitantes.

Os encargados de solicitar estas subvencións serán os presidentes das correspondentes comisións de festas, da asociación de veciños ou calquera persoa que xustifique a súa vinculación coa parroquia ou barrio. Deberán presentar a documentación solicitada no Rexistro Xeral do Concello antes da data que se recolle no BOE do xoves 8 de marzo

Todas as solicitudes remitiranse ao Servizo de Cultura, que se encargará de estudar a súa solicitude para a aprobación. Os interesados en obter máis información sobre este particular poden informarse no propio BOP, no Servizo de Cultura do Concello ou no teléfono de información municipal 010.