Carmen Basadre asiste en Barcelona a un seminario de bancos de tempo

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asiste mañá, xoves, e o venres, a un seminario internacional co título Bancos del Tiempo: Construyendo confianza, solidaridad y comunidad, que se celebra en Barcelona.

Este seminario está organizado pola Asociación Salud y Familia e dividirase en dous eixos: os principios básicos de xustiza social e os vínculos dos bancos de tempo coa comunidade.

Este seminario contará coa presencia de docentes de renome internacional como Edgar Cahn, Martin Simon e Elvira Méndez. Esta viaxe está organizada pola Consellería de Traballo dirixida por Ricardo Varela.

Os bancos de tempo constitúen unha das principais novidades que incorpora o proxecto de Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia, coa finalidade de solucionar a tensión que supón para as mulleres a compatibilización do traballo retributivo e o traballo doméstico. O Concello de Lugo, ao igual que os da Coruña e Ourense firmou con este departamento da Xunta un convenio para financiar a posta en marcha de experiencias piloto.