As piscinas municipais descubertas de Frigsa rexistraron máis de once mil usuarios

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A oferta para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais inclúe 23 modalidades

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o balance das actividades organizadas pola Concellería de Deportes durante este verán e as novas actividades das Escolas Deportivas para o curso que ven.

O edil valorou positivamente a tempada veraniega das piscinas descubertas de Frigsa, que rexistraron 11.657 usuarios durante os meses de xullo e agosto. O mal tempo que caracterizou este verán obrigou a pechar as instalacións acuáticas un total de 17 días, fronte aos cinco do ano pasado, no que se rexistraron 14.500 usuarios.

Díaz Grandío explicou que: "a pesar do mal tempo, a media diaria de bañistas, que foi de 265, incrementouse con respecto ao ano pasado, que contou con 259 o que demostra que aos lucenses lles gusta cada vez máis gozar deste tipo de instalacións".

Os días da semana con máis asistencia foron de xoves a domingo, ainda que foi o martes 31 de xullo batíuse o récord de asistencia 688 usuarios, mentres en agosto foi o venres 3, con 459 bañistas.

Balance Escolas Deportivas de Verán
O Concelleiro realizou un balance das Escolas Deportivas de Verán e das colonias que contaron con 700 paticipantes e mantiveron o nivel de participación do ano anterior.

- Respecto aos cursos intensivos de natación, recibíronse un total de 319 solicitudes cando se contaba con 310 prazas ofertadas para os grupos de aprendizaxe e iniciación básica de nenos entre os 3 e os 9 anos. (Grupos de 3-4 anos, 5-6 anos e 7-8-9 anos).

Estes cursos impartíronse no mes de xullo polas mañás na Piscina Municipal de Frigsa e no mes de agosto, polas tardes, na piscina das Pedrerías. Ao longo do mes de setembro os cursos de natación continuarán na piscina Pedrerías.

- En canto aos cursos de Piragüismo asistiron un total de 41 alumnos en xullo e agosto; o edil lembrou que os interesados en parcticar este deporte aínda se poden inscribir no curso que se desenvolverá nas instalacións do Club Fluvial na primeira quincena de setembro.

- Nos cursos de Tiro con Arco, contouse cun total de 27 alumnos no grupo de iniciación (7 adultos e 20 rapaces) e 23 no de perfeccionamento (10 adultos e 13 rapaces). Neste último grupo hai que sinalar que moitos dos asistentes foron alumnos de iniciación durante os meses de inverno.

- A nosa Escola de Tenis tamén tivo un cheo absoluto. Asistiron un total de 40 persoas e ofertábanse 20 prazas por cada un dos dous grupos: de 6 a 13 anos e os maiores de 14. No primeiro dos grupos houbo ata lista de espera de 13 persoas xa que se presentaron un total de 33 solicitudes para asistir ás clases de tenis.

Nova tempada Escolas Deportivas Municipais
José Manuel Díaz Grandío informou de que o vindeiro día 17 abrirase o prazo para apuntarse á nova tempada das Escolas Deportivas Municipais. Os interesados poderán facelo nas instalacións da Concellería de Deportes (nas piscinas municipais de Frigsa).

Esta etapa desenvolverase entre outubro e maio e contará cunha oferta de 23 modalidades deportivas:
- Atletismo
- Balonmán
- Rugby
- Boxeo
- Béisbol
- Tiro con arco
- Deporte para maiores
- Kung-fu
- Taekwondo
- Karate
- Judo
- Kickboxing
- Jujitsu
- Baloncesto
- Ciclismo
- Hockei en liña
- Triatlón
- Natación
- Patinaxe
- Tenis
- Ximnasia rítmica
- Ximnasia de mantemento

Os cursos desenvolveranse nas instalacións deportivas municipais, e tamén en instalacións dos colexios Paradai, Menéndez Pelayo, Gándaras e no Instituto Politécnico. Ademais, terán lugar en varios centros da Asociación Provincial de Ximnasios.

O edil indicou que na tempada 2006-2007 estas actividades contaron con aproximadamente 5.000 usuarios e iniciáronse as Escolas deportivas de Tiro con Arco e Tenis.

O prezo medio das actividades e oscila entre os 7,40 euros e os 28,30 euros.

- En canto aos novos cursos de natación, o prazo de solicitude de matrícula para o vindeiro curso permanecerá aberto entre o 3 e o 12 de setembro. As solicitudes deberán presentarse na piscina na que se queira facer o curso e as matrículas formalizaranse nas oficinas da Consellería de Deportes, sotuadas no Polideportivo de Frigsa.

Díaz Grandío adiantou que no primeiro trimestre de 2008 está previsto que entre a funcionar unha escola municipal de loita olímpica e lembrou que "un dos obxectivos do goberno municipal e que os lucenses poidan practicar todas as modalidades deportivas olímpicas".