O Concello organiza un campionato de pachangas proposto polos radares xuvenís

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo organiza un campionato de pachangas entre alumnos dos IES de Xoán Montes, Lucus Augusti, A Nosa Señora dos Ollos Grandes, Ánxel Fole e Leiras Pulpeiro. Esta actividade obedece a unha proposta realizada polos radares xuvenís que traballan nos centros mencionados e que recolleron dos propios compañeiros.

Este campionato terá lugar os días 18 e 25 de maio e 1, 15 e 22 de xuño, desde as 17:30 ata as 20:30 horas nas instalacións deportivas dos institutos participantes.

As pachangas xogaranse de dúas modalidades deportivas, fútbol sala e baloncesto, e dentro de cada unha delas haberá establécense dúas categorías: unha categoría A, para os alumnos de ESO, e unha categoría B, para estudiantes de BAC.

Durante a competición levarase a cabo unha liga por cada modalidade e categoría na que se enfrontarán, de xeito directo, todos os equipos participantes. De estes partidos sairán os catro finalistas que xogarán a final (o 1º e 2º clasificado de cada liga) e a semifinal (o 3º e 4º clasificado) o sábado 23 de Xuño dentro do programa “Elixe a túa Noite”.

En total participan 18 equipos mixtos formados por 68 mozos na modalidade de fútbol e 34 mozos na de baloncesto.
Os tres primeiros clasificados de cada modalidade e categoría recibirán como premio vales para unha tenda de deportes.